Blog · 6 min de lectura

Es cargador e chéganche DeCA de vinte transportistas: que fas

Se contratas transporte, o 5 de outubro non che trae un documento: tráeche vinte, ou douscentos, de mans distintas e en formatos distintos. E cunha parte da responsabilidade que moita xente non sabe que ten.

O primeiro: ti tamén respondes

O artigo 7 da Orden FOM/2861/2012, na redacción da Orden TRM/282/2026, reparte de quen é cada dato do documento. Como cargador contractual respondes dos apartados a), b), c), d) e h):

  • Os teus propios datos: nome ou razón social, NIF e domicilio.
  • Os datos do transportista —si, os seus: nome e NIF—.
  • A orixe e o destino do envío.
  • A natureza e o peso da mercadoría.
  • As observacións, se as hai.

O apartado b) é o que máis sorprende. Respondes de que o NIF do transportista estea ben, porque es ti quen formaliza o documento. Non te podes escudar en que o encheu el.

O segundo: tamén tes que conservalos

A conservación do documento alcanza as dúas partes. Non abonda con que o garde o transportista: se mañá hai unha inspección ou unha reclamación, quen ten que poder amosar o documento daquel porte de hai oito meses es ti tamén.

E aí está o problema real dun cargador: os documentos non nacen na túa casa. Nacen en vinte casas distintas e chegan cando chegan.

As tres formas de organizalo, de peor a mellor

  1. Perseguilos por WhatsApp. Funciona con dous transportistas e rompe con dez. O día que necesites un concreto, será o que falte.
  2. Pedir que cos manden por correo. Mellor, pero segues dependendo de que cada un se lembre, e acabas cunha caixa de entrada como arquivo.
  3. Que che cheguen sós. Que o transportista poña o teu correo ao xerar o documento e este entre no teu arquivo sen que ninguén faga nada. É o que facemos nós: o transportista engade o correo do cargador —é opcional, o documento vale igual sen el— e o cargador ve e descarga todos os DeCA nos que figura, sen invitacións nin cruces de NIF.

Explicámolo enteiro, e é gratis, na páxina do cargador.

Dúas cousas que convén deixar faladas cos teus transportistas

  • Quen xera o documento. A norma non o impón. Se o xeras ti, tes o control e a trazabilidade, e non dependes de que vinte persoas se lembren. Se o xeran eles, asegúrate de que os teus datos van ben —porque respondes deles—.
  • Que pasa se subcontratan. Se o teu transportista lle pasa a carga a outro, o que aparece como transportista efectivo é o que a fai, e o cargador contractual pasa a ser o teu transportista. Contámolo en subcontratas un porte.

En resumo

  • Respondes de cinco dos apartados do documento, incluídos os datos do transportista.
  • Tamén che alcanza a conservación.
  • O arquivo que funciona é o que se enche só.
  • Xeralo ti é máis traballo e menos risco. Decídeo antes do 5 de outubro, non despois.

Fontes: artigos 6 e 7 da Orden FOM/2861/2012, na redacción da Orden TRM/282/2026, e a Resolución de la DGTCF de 5 de junio de 2026. Información divulgativa, non asesoría xurídica.

Información divulgativa; non substitúe o texto oficial do BOE nin o asesoramento profesional.