A appInstalable · funciona sen datos

O control é onde non hai cobertura.

DecaClick instálase no móbil como unha aplicación, coa súa icona e sen barra de navegador. E os documentos que xa abriches quedan dentro: nunha beiravía sen datos podes amosar o PDF e o QR igual que con cobertura.

Que funciona sen cobertura, exactamente

  • Si: o PDF de cada DeCA que abriras antes nese móbil.
  • Si: o seu código QR, para que o axente o escanee.
  • Si: a pantalla de inspección, co QR en tamaño grande e os datos que se miran primeiro.
  • Si: a app ábrese ao momento, sen esperar a que cargue nada.
  • Non: xerar un DeCA novo. Iso necesita datos, e explicámosche abaixo por que non pode ser doutra maneira.

Dito doutro xeito: prepara o documento antes de saír —dous minutos na explanada, na oficina ou onde sexa— e a partir de aí dá igual por onde pases.

Por que non deixamos emitir un DeCA sen conexión

Poderiamos gardar o formulario no móbil e dicirche «xa está», enviándoo cando volvese a cobertura. Sería máis vistoso e sería un problema teu, non noso.

O documento ten que existir antes de que comece o transporte, coa súa data de creación rexistrada e a súa URL única funcionando, que é o que un axente pode comprobar no acto. Un DeCA «pendente de subir» non cumpre iso. Se te paran nese oco, o documento que amosas non está onde di estar.

Preferimos dicilo claro: xera antes de arrincar. É o que pide a norma de todos os xeitos.

Como instalala

Android. Abre decaclick.com en Chrome e acepta o aviso de instalar. Se non sae, menú dos tres puntos → «Instalar aplicación».

iPhone. Safari non amosa ese aviso, hai que facelo a man: abre decaclick.com en Safari, toca o botón de compartir e escolle «Añadir a pantalla de inicio».

Ordenador. En Chrome ou Edge, a icona de instalar aparece á dereita da barra de enderezos.

Non hai que darse de alta en ningunha tenda de aplicacións nin instalar un ficheiro: é a propia web, que o móbil garda como app.

O que ninguén che conta das apps do sector

Case todas din «funciona sen conexión». Antes de crelo, pregunta que funciona sen datos:

  • Pódense amosar os documentos xa emitidos? Iso é o que fai falta nun control.
  • Pódense emitir novos? Se din que si, pregunta cando se rexistra de verdade o documento e que pasa se te paran polo medio.
  • Hai que instalar algo desde unha tenda, ou abonda con abrir a web?

Preguntas rápidas

Podo xerar un DeCA sen cobertura?

Non, e desconfía de quen che diga que si sen matices. O documento emítese no noso servidor porque ten que quedar rexistrado, coa súa URL única funcionando desde antes de que comece o transporte. O que si podes é xeralo na explanada, na oficina ou no bar antes de saír —tárdase dous minutos— e a partir de aí xa o levas contigo aínda que te quedes sen datos.

Entón, que funciona sen cobertura?

O que necesitas nun control: o PDF do documento, o seu código QR e a pantalla de inspección de cada DeCA que abriras antes nese móbil. Quedan gardados no teléfono. Se ademais instalas a app, ábrese ao momento e sen barra de navegador.

Como a instalo en Android?

Abre decaclick.com en Chrome e sairache o aviso de instalar. Se non aparece, entra no menú dos tres puntos e busca «Instalar aplicación» ou «Añadir a pantalla de inicio».

E en iPhone?

Safari non amosa o aviso automático: hai que facelo a man. Abre decaclick.com en Safari, toca o botón de compartir —o cadrado coa frecha cara arriba— e escolle «Añadir a pantalla de inicio». Queda coa súa icona, como calquera outra app.

Ocupa moito no móbil?

Practicamente nada. Un DeCA pesa uns 4 KB e a app son uns centos de kilobytes. Podes ter meses de documentos ocupando menos ca unha foto.

Se modifico un DeCA a metade do servizo, que ve o condutor?

Depende do método que escollas. Co método (a) o documento reescríbese conservando a mesma URL e o mesmo QR: o condutor non ten que facer nada, a ligazón que xa ten pasa a amosar a versión boa. Co método (b) emítese un novo con outra URL, e entón si hai que mandarllo. Por iso, despois de cada modificación dámosche o botón de envialo por WhatsApp.

Como lle chega o documento ao condutor?

Cun botón que abre WhatsApp coa ligazón xa escrita, ou por correo. Tamén podes imprimilo: a norma admite as dúas formas sempre que leve o QR.

E se cambio de ferramenta? Lévome os meus documentos?

Si. Cada DeCA é un PDF que podes descargar cando queiras, e desde o plan Premium hai exportación a Excel de todo o teu arquivo. A conservación legal non depende de que sigas sendo cliente: os teus documentos seguen descargables durante os 13 meses aínda que deixes de pagar.